PRENSA


Paxinas.com Buscador de noticias nos medios de comunicación galegos.

Yahoo novas de Galicia. Selección da actualidade galega.

Google noticias. Novas permanentemente actualizadas de 700 fontes de información en castelán. Ademais ten utilidades como personalizar as seccións segundon  os nosos intereses informativos, crear alertas de novas para o noso e-mail, ou suscribirse aos feeds de actualización das novidades.

Yahoo noticias. Moi completa, pero non personalizable.

Kiosco.net. Portal onde se recollen múltiples enlaces á prensa on line, organizados por temática e países. Ademais, ofrécenos enlaces a radios, televisións, guías de programación, etc.

Kiosko.net. O k  diferénciao do anterior. Páxina moi visual coas portadas dos principais xornais do mundo, permanentemente actualizadas e  o seu correspondente enlace á súa edición dixital.

Miramedios. Información xeral sobre os medios de comunicación españois (televisión, radio, revistas...).

News Map. Para ver un mapa de novas da prensa mundial. Aquí, dun modo moi gráfico vemos as novas que son máis lidas en todo o mundo. Organizado por países e seccións de prensa, móstranos en imaxes unha análise comparativa das informacións máis destacadas en cada sección da prensa dun país. O tamaño da letra  indícanos a importancia das mesmas. Deste modo sabemos de qué se está falando nesta aldea global.

Biblioteca virtual de prensa histórica. Ministerio de Cultura en colaboración coas CC.AA. ten a disposición dos internautas máis de 2.000 cabeceras de xornais editados en España entre os anos 1777 e 2005. Ten buscador por palabras, por datas, títulos, lugares e estatísticas. Unha das máis importantes no panorama internacional.