29/01/18

Semana da Ilustración!



A Semana da Ilustración comezou o pasado luns 22 de xaneiro coa asistencia á proxección da película de animación Coco dos nosos alumnos e alumnas de 1º/2º de ESO en Vigo. Ao longo da semana tiveron lugar tamén pequenas exposicións en diferentes ubicacións do centro relacionadas con ilustradores, personaxes e distintos libros, co gallo da celebración das seguintes efemérides nas que se pode visibilizar o papel das mulleres de conto:

27 de xaneiro 1832nace Lewis Carol. Realizamos para conmemoralo unha exposición de diferentes edicións de Alicia no país das marabillas.

28 de xaneiro 2002, morte de Astrid Lindgren, autora do libro Pipi Medialongas. Presentase a edición do libro que a editorial Kalandraka vén de publicar en lingua galega.

30 de xaneiro 1886, nace Castelao. Exposición das ilustracións de Castelao.

31 de xaneiroDÍA DA ILUSTRACIÓN. Exposición sobrAna Juan (Premio Nacional de Ilustración 2010), unha das ilustradoras máis recoñecidas a nivel mundial. Amosaremos algúns dos aspectos máis relevantes da súa obra e centrarémonos no seu conto infantil Frida. É unha gran ocasión para facer unha homenaxe a ámbalas dúas artistas. O alumnado de EPVeA de 4º de ESO  está colaborando con esta exposición.


Ademais ao longo de toda a semana o noso alumnado está participando nesta actividade coa creación de diferentes manifestacións artísticas arredor das obras tratadas e a posterior exposición dos seus traballos. 

Finalmente, escolleremos o mellor traballo que recibirá como agasallo unha edición ilustrada de Alicia no Pais das marabillas.

Animádevos a participar!




Ningún comentario:

Publicar un comentario