20/03/17

Italia, Exipto, Cuba, Groenlandia, India... na última semana percorremos o mundo!

Na última semana foi un non parar no proxecto Contos do mundo en colaboración co CEIP A Sangriña.

Así, visitamos inicialmente Cuba e Exipto. Á illa caribeña fomos da man de Marisa Guerra e o alumnado de primeiro de Bacharelato e 5º de primaria. Polos desertos de Exipto levounos Juanra Torres, xunto co alumnado de 2º da ESO B, e até representaron unha pequena peza teatral, Una momia muy responsable!
Podedes consultar toads as fotos aquí: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/03/contos-do-mundo-cuba-e-exipto.html





Despois desta viaxe achegámonos á terra da pizza, os xeados e a pasta, Italia! Alá fomos con Menchu e o alumnado de 1º da ESO e de 4 anos do CEIP. E de novo cunha peza teatral, Os tres porquiños en Venecia. Transportámonos por uns intres á terra dos canais! Máis información aquí: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/03/contos-do-mundo-italia.html



Para morrer co frío fomos ás terras de Groenlandia, con Carme Díaz e Nuria Vázquez e o alumnado de 2º da ESO, para ler dous contos fantásticos e pensar sobre as condicións de vida en terras tan afastadas e xeadas. Toda unha experiencia! http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/03/contos-do-mundo-os-polos.html


Finalmente fomos a un dos lugares máis poboados do mundo, á India, da man de Neves Rodríguez e o alumnado de 2º da ESO e 6º de primaria. O conto que levamos ao CEIP foi Filemón o engurrado, de Michael Ende, todo un clásico! http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/03/contos-do-mundo-india.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario