13/03/17

De Australia... a Groenlandia!

Nas últimas semanas continuamos co proxecto Contos do mundo, en colaboración co CEIP A Sangriña. Estivemos en Australia, da man de Menchu Costa e dos rapaces e rapazas de 1ºB, e agora pasamos á fría Groenlandia, con Carme Pernas e o alumnado de 2º da ESO B.

Nas seguintes imaxes podedes apreciar a actividade sobre Australia, pero, coma sempre, podedes consultar moito máis polo miúdo a actividade no blogue do CEIP: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/02/contos-do-mundo-australia.html



Ademais, non esquezades continuar votando polas vosas revistas favoritas (tendes a enquisa na conserxería!), da Semana da Prensa. O taboleiro podédelo consultar agora ao carón da porta de orientación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario