06/03/17

Benvidas/os á Semana da Prensa! Xa podedes votar todas/os!

Este luns día 6 de marzo comeza a Semana da Prensa. Con este motivo, a Biblioteca do IES A Sangriña puxo a andar este proxecto de selección de revistas. Desde hoxe tedes na entrada do instituto o seguinte taboleiro, en que podedes ver as portadas dun total de 32 revistas, de todos os ámbitos. Entre elas, todas e todos podedes votar por un total de 5, solicitando a folla para o facer na conserxería.

As máis votadas serán seleccionadas para a súa compra no instituto, para que as poidades consultar na nosa biblioteca cada día!

Tedes de prazo toda a semana!

Veña, a participardes todas e todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario