20/02/17

Viaxamos do Brasil a Australia... en Contos do mundo!


Que tal rapaces/as!

Unha semana máis preto do entroido, xa se albiscan os disfraces e xa van cheirando as orellas e as filloas!

E mentres tanto, nós continuamos co proxecto Contos do mundo, e pasamos do Brasil a Australia, desta volta da man da profesora Menchu, do Departamento de galego, que irá ler varios contos co alumnado do CEIP A Sangriña esta semana.

Na pasada, foron María, de Grego, Alfredo, de Música, e Denis, de Lingua Castelá, achegar os seus contos e a súa música brasileira. Se queredes botarlle unha ollada e ver como resultou a actividade, coma sempre, tendes toda a información, videos e fotografías no blogue da biblioteca do CEIP: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/02/contos-do-mundo-viaxamos-brasil.html


No próximo mes de marzo anunciaremos tamén máis actividades, como a semana da prensa, que terá lugar no noso instituto con algunha nova actividade. E non esquezades, este venres é o Día de Rosalía, e haberá recitado e representación de poemas e música, moita música!


Ningún comentario:

Publicar un comentario