10/02/17

Os contos do mundo percorren a lusofonía: Portugal, Macau e Brasil



Ola a todas/os!

Nestas dúas últimas semanas continuamos cos Contos do mundo, en colaboración co CEIP A Sangriña. A experiencia está sendo marabillosa, tanto para o alumnado e profesorado do noso IES, como tamén para as e os cativos da escola.

A semana pasada o conto que se traballou co alumnado foi O macaco do rabo cortado, para o que contamos coa representación teatral dos rapaces e rapazas estudantes de portugués de 1º de Bacharelato. Podedes consultar os videos da representación no seguinte link, do blogue da biblioteca do CEIP: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/02/contos-do-mundo-viaxamos-portugal.html

E esta semana o proxecto continuou con máis actividades, neste caso homenaxeando aos nosos compañeiros/as lingüísticos de Macau, na China, para o que se contou de novo con Alberto Viso, con María José Carneiro e con Isabel Gonçalves, a nosa querida lectora de portugués, ademais de Carlos Alonso, o director do noso instituto, que quixo coñecer de primeira man o proxecto. Podedes consultar os videos aquí: http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/02/seguimos-traballando-na-pdi-viaxamos.html

E a semana próxima seguimos! Desta volta co Brasil, da man de Alfredo Garrido, que levará o alumnado de 3º da ESO tocar música popular brasileira, e Denis Vicente, que presentará brevemente o país e contará un conto popular da terra carioca.





Ningún comentario:

Publicar un comentario