16/01/17

Benvidas/os de novo!



Benvidos/as!

Como foron as festas? Esperemos que veñades con moita forza para este novo trimestre que comeza, con moitas ganas de ler, aprender e convivir no IES A Sangriña.

Desta volta vimos con moitas iniciativas, que iremos aos poucos anunciando. Retomaremos as lecturas colaborativas entre o noso IES e o CEIP A Sangriña, a onde levaremos contos en diferentes linguas e incluso acompañaremos con temas musicais. Teremos presentación de novidades editoriais cos seus autores, e moito, moito máis! Até teremos novidades físicas na nosa Biblioteca que xa iredes vendo co paso das semanas.

Coma sempre, a biblioteca tamén é vosa, podedes propor todas as actividades que queirades, podedes enviar relatos e historias para pór no blogue e podedes seguir vindo cada recreo coller novos libros cos que vivir una chea de experiencias e transportavos ás épocas máis remotas.


De novo, benvidos/as e moi feliz ano!

Ningún comentario:

Publicar un comentario